sábado, 11 de setembro de 2010
Presentación
Trátase de poñer en contacto ao profesorado de Matemáticas, Tecnoloxía, Física e Química e outras materias, tanto de primaria como de secundaria, aos que o novo decreto non lles permite impartir as aulas en galego. O que pretendemos con este grupo é crear un foro de debate, co obxectivo de que en setembro teñamos deseñada unha liña de actuación conxunta, e que ninguén se sinta só, aínda que así o estea no seu departamento ou incluso no seu claustro. Tamén servirá para comentar os problemas que se nos vaian presentando unha vez iniciado o curso.
2 comentários:
Noraboa pola iniciativa de poñer en marcha este blog como ferramenta importantísima para mantermos o contacto o profesorado afectado pola posta en marcha do DP.
Eu que non puiden asistir ó acto en Lalín, agradezo enormemente poder estar igualmente informada e próxima a vós a través deste medio.
Graciñas e moito ánimo a todos e todas nesta loita.
Moitos parabéns e moito ánimo!!!
Se o decreto é ilegal non hai que cumprilo, pero se fose legal non deixaría de ser ilícito e indigno, e non hai poder bastante capaz de impoñer unha norma que carece de toda lexitimidade moral e social. Sábeno moi ben e non se van atrever a levar o abuso ata as derradeiras consecuencias. Como toda norma ditada con plena conciencia da súa ilexitimidade, está destinada a intimidar máis ca a ser cumprida. Por iso, fai falla moita coraxe para desacatala. Graciñas por tela. Forza! Henrique Monteagudo
Enviar um comentário