Sr. Conselleiro:
Ante as súas manifestacións aparecidas nos medios de comunicación e que nalgún caso fan referencia ao grupo Profes co Galego, queremos precisar que non temos nada que ver con ningún partido político, nin con ningún sindicato, nin con ningunha outra asociación. Non somos máis que un grupo de docentes que ten moi claro que a defensa da nosa lingua non debe estar ligada a ningún tipo de ideoloxía política.
A lingua identifícanos como galegas e galegos, non como votantes de ningún partido e que é precisamente a súa responsabilidade saír na defensa do galego como patrimonio común de toda a cidadanía.
Lamentamos observar que, até agora, as súa actitude fica lonxe das nosas expectativas e por iso clarexámoslle dúas cuestións que achamos fundamentais:
1. QUE COMO FUNCIONARIOS PÚBLICOS QUE SOMOS DEBEMOS CUMPRIR AS NORMAS. O Estatuto Básico do Empregado Público obríganos a someternos á Constitución e ao resto do ordenamento xurídico, pero respectando sempre o principio constitucional de xerarquía normativa. Así, por riba do Decreto para o“Plurilingüismo”, e en clara contradición con el, observamos a seguinte lexislación:
· A Constitución, que fixa o principio de igualdade e establece o mandato de remover todos os obstáculos para conseguila. O Decreto ignora esta obriga e impídenos situar ao galego nos ámbitos científicos e tecnolóxicos.
· O Estatuto de Autonomía para Galicia, que establece que os poderes públicos potenciarán o galego en todos os ámbitos e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento. Lonxe disto, o decreto impide que se tomen medidas nas aulas para o coñecemento da terminoloxía propia das materias científicotecnolóxicas.
· A Lei Orgánica de Educación (LOE), que fixa como obxectivo fundamental a competencia nas dúas linguas. Todas as institucións e informes (RAG, CCG, IGE, ICE, Universidades, MRPs, ...) indican que o galego require especial atención noensino xa que é a lingua en inferioridade de condicións no resto dos ámbitos da sociedade: medios de comunicación, medios audiovisuais, internet, sanidade, xustiza, comercio... O Decreto, ignorando a totalidade destes datos sociolingüísticos e de competencias, reduce a presenza horaria da lingua galega en todos os niveis educativos.
· A Carta europea para as linguas rexionais ou minoritarias, que obriga a asegurar a presenza do galego en todos os niveis educativos, de xeito que o ensino sexa fundamentalmente en galego. O Comité de Expertos do Consello de Europa que fai o seguimento dos compromisos adquiridos por este Tratado elaborará un novo informe a finais deste ano 2010. Se xa no informe do 2007 advertían que o que se estaba facendo era insuficiente, que cre, señor Conselleiro, que dirán agora?
· A Lei de Normalización Lingüística, que establece que as autoridades educativas arbitrarán as medidas encamiñadas a promoveren o uso progresivo do galego no ensino. Este Decreto é claramente regresivo: a presenza do galego nas aulas pasa de “polo menos un 50%” do anterior a “como moito un 50%”.
2º - QUE NON VAI HABER INSUBMISOS, porque nós non o somos, senón que sabemos que a lei está da nosa parte e o único que imos facer é cumprila. Queremos deixar claro que non temos nada en contra do castelán, máis ben ao contrario, parécenos unha enorme riqueza dispoñermos de dúas linguas, e podermos falar, escribir e ler en calquera delas. Pero recordámoslle que o informe Pisa indicou que a competencia do alumnado galego en castelán é superior á media española. O único que está en xogo é a adquisición da competencia en lingua galega, até o extremo do 20% da mocidade se declarar incapaz de falar en galego (MSG 2004). Queremos que sexa consciente desta eiva educativa e dispoña medidas para resolvela. Ademais consideramos que empregar esta lingua en materias como Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía contribúe a eliminar o prexuízo de non ser válida para determinados ámbitos educativos.
Polo tanto, e coa lei na man, seguiremos impartindo as nosas aulas en galego como un exercicio de profesionalidade, responsabilidade e civismo porque consideramos que é a mellor estratexia para o noso alumnado adquirir as mesmas competencias que en castelán. Queremos formar persoas lingüisticamente libres, capaces de se comunicaren nas dúas linguas e de as percibiren igualmente válidas. Trataremos de manter a calidade no ensino a pesar dos recortes de medios e profesorado, mentres se malgastan os cartos públicos en publicitar un decreto pernicioso e ilegal e en substituír uns libros de texto en perfecto uso e que non teñen máis “tara” que estaren escritos na lingua que dá sentido ao cargo que vostede ocupa.
Acceso á carta
Mostrar mensagens com a etiqueta documentos. Mostrar todas as mensagens

sábado, 11 de setembro de 2010
Carta os pais e nais
Estimados pais/nais:
Como profesorado de Matemáticas, Física e Química ou Tecnoloxía dos seus fillos consideramos importante dirixirnos a vostedes para informalos da nosa postura respecto ao Decreto para o Plurilingüismo, que afecta a toda a comunidade educativa.
Debido a que durante anos á nosa lingua lle foron negados ámbitos sociais como a educación, a prensa, o cine, a televisión, o comercio, as notarías, etcétera, espazos nos cales aínda hoxe en día o seu uso é residual, a Xunta de Galicia ten a obriga legal de fomentar o uso do galego. É por isto que non entendemos como a Consellería de Educación aprobou o Decreto para o Plurilingüismo que prohibe ao profesorado de Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía a continuar a impartir as clases en galego. Como profesorado contrario a esta medida que consideramos prexudicial para os seus fillos, e para que vostedes poidan xulgar dun xeito obxectivo a nosa postura, que como verán está legalmente fundamentada, queremos que dispoñan de toda a información necesaria.
Consideramos que é importante que saiban que por riba dese Decreto para o Plurilingüismo, e en contradición con el, está a seguinte normativa:
● Carta europea para as linguas rexionais ou minoritarias, que contén a obriga de asegurar o ensino en galego en todos os niveles educativos non universitarios.
● Estatuto de Autonomía para Galicia, que prevé que a lingua propia de Galicia é o galego e que os Poderes Públicos potenciarán o emprego do galego en todos os ámbitos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
● Lei de Normalización Lingüística, que establece que as autoridades educativas arbitrarán as medidas encamiñadas a promover o uso progresivo do galego no ensino. Neste sentido, o novo decreto é claramente regresivo, xa que se pasa de “polo menos un 50%”, do decreto anterior, establecida para tentar restablecer a normalidade da lingua inxustamente usurpada aos galegos, a “como moito un 50%” (mentres non teña que repartir con algunha lingua estranxeira, co que podería quedar reducido a un 33.3%), obrigando así a moitos profesores e profesoras que viñan utilizando o galego nas súas clases con total normalidade, algúns desde hai máis de 30 anos, a impartir a docencia en castelán, cun absoluto desprezo polo esforzo normalizador e innovador deste profesorado que moitas veces tivo que crear o seu propio material de traballo sen ningún tipo de apoio.
● Lei Orgánica de Educación que establece como obxectivo educativo o coñecemento efectivo e suficiente da lingua galega en todos os niveis educativos.
● Constitución que establece o principio de xerarquía normativa, que implica que as normas de rango superior prevalecen sobre as de rango inferior.
● Estatuto Básico do Empregado Público, que establece a obriga do funcionariado de se someter á Constitución e ao resto do ordenamento xurídico, coa obriga constitucional de respectar o principio de xerarquía normativa, é dicir, cando dúas normas son contraditorias, como é o caso do Decreto para o Plurilingüismo e as leis anteriores, hai obriga de cumprir a de maior rango.
Polo tanto,como servidores públicos comprometidos coa cultura e a lingua galega, declaramos que:
1. Seguiremos impartindo as nosas clases en galego, xa que consideramos que é a mellor opción para que o noso alumnado adquira competencias plenas en galego e castelán e a eliminación dos prexuízos lingüísticos contra o galego. Todas as institucións e informes (a Real Academia Galega, o Consello da Cultura de Galicia e as tres universidades galegas entre outros) indican que o galego require especial atención no ensino xa que é a lingua en inferioridade de condicións no resto dos ámbitos da sociedade: prensa, televisión, internet, radio, comercio... É de destacar que o informe Pisa indicou que a competencia do alumnado galego en castelán é superior á media española, polo que aí non está o problema. É absolutamente falso que esteamos contra o castelán, como profesorado comprometido co noso alumnado cremos en resolver os problemas nas competencias, prexuízos e actitudes, e estes problemas están actualmente no galego.
2. Non trocaremos o libro de texto actual pola súa versión en castelán, asegurándolles o mantemento e incluso a mellora na aprendizaxe nos contidos das nosas materias. Tomamos esta medida, que nos carga de traballo ao ter que elaborar máis materiais didácticos, xa que consideramos un exceso por parte da Consellería obrigar ás familias a mercar libros novos cando dispoñemos no centro de libros en perfecto uso e que non teñen máis “tara” que estar escritos en galego. Consideramos isto un auténtico despilfarro totalmente inxusto e inxustificado en tempos de crise coma os actuais.
Cartapais-nais.doc[1].doc

Apoio do claustro
O claustro do CPI/IES/CEIP .................................................................................................... aprobou por maioría o rexeitamento ao decreto de plurilingüismo e quere manifestar a súa soliedariedade co alumnado e profesorado directamente implicados.
Tomamos esta postura baseándonos nos seguintes argumentos:
1. Consideramos que este decreto non resolve ningún dos problemas diagnosticados no ensino en Galicia e resulta lesivo para o alumnado. É lesivo porque a pesares de que desde a incorporación do galego ao ensino se produciu un significativo avance na competencia oral e escrita; e aínda co paulatino avance do uso do idioma galego como lingua vehicular no ensino, non se impediu a alarmante diminución de galegofalantes nas últimas décadas. O ensino debe contrarrestar a minorización que o galego sofre noutros ámbitos da sociedade, maiormente nos inseridos na vida cotiá da infancia e dos mozos e mozas: hábitat urbano e vilego, cultura de masas, deportes, medios de comunicación, consumo, etcétera que provocan unha real inmersión da poboación nova galega no castelán. Por outra banda os diversos informes publicados evidencian que o alumnado acada maior competencia lingúística en castelán ca en galego, mesmo nos centros con predominio do galego como lingua vehicular, non digamos en contornos urbanos monolingües en castelán onde as diferenzas son especialmente significativas pola baixa competencia en galego. O decreto aprobado, lonxe de corrixir, agravará esta situación, pois céntrase nun pretendido “equilibrio” entre ambas linguas no sistema educativo, esquecendo o forte desequilibrio en contra do galego no resto dos ámbitos.
2. As consecuencias do decreto son especialmente graves na etapa infantil, pois significará que en contornos urbanos e vilegos o contacto dos nenos e nenas co galego sexa practicamente anecdótico. O decreto non vai encamiñado a promover unha infancia bilingüe, senón dúas: unha castelanfalante, urbana e maioritaria, e outra galegofalante, rural e minoritaria.
3. O feito de fixar unha lingua vehicular na aprendizaxe só ten sentido co fin de mellorar a competencia nesa lingua. De maneira que a escolla dunha ou doutra non é unha cuestión de liberdade senón metodolóxica, polo que falar de imposición só na lingua vehicular carece de fundamento, pois todo o curriculum é imposto.
4. Distintos colectivos que agrupan a ensinantes de matemáticas, ciencias e tecnoloxía (Agapema, Enciga, Apetega …), e que usan o galego con normalidade nas súas publicacións, téñense manifestado en contra deste decreto e contrastado que na súa xa dilatada historia, non tiveron coñecemento de queixas nin reclamacións entre os seus asociados polo feito de ter empregado o galego na aula.
5. Este decreto supón, na práctica, o desterro universal do galego de amplas áreas do coñecemento, singularmente as Matemáticas, Física e Tecnoloxía, e bota por terra todo o esforzo desenvolvido durante todos estes anos tanto na elaboración de materiais didácticos e construción de vocabulario específico (que se non é nas aulas dificilmente será adquirido noutros ámbitos) como na superación de prexuízos para seren utilizados.
6. Como consecuencia deste decreto, diversas editoriais xa se teñen posto en contacto cos departamentos afectados para anunciar que non publicarán material didáctico en galego para estas disciplinas. Isto contrasta coa ampla presenza que, no pasado, tiña o material escrito en castelán nas areas que tiñan que ser impartidas en galego.
7. Con esta nova norma aliméntase o prexuízo instalado en parte da sociedade de que o galego non é apto para ser usado en determinados ámbitos do coñecemento, que ademais son os de maior prestixio social na actualidade.
8. A nova normativa complica a vida organizativa dos centros, apartando os esforzos dos verdadeiros problemas pedagóxicos, e trasladando á comunidade educativa unha absurda guerra entre linguas importada de rancias tertulias que en Galicia apenas existía.
9. Con este decreto non se pretende elevar o nivel competencial no uso do galego, nin do castelán, no que é de subliñar que o informe Pisa nos situa por riba da media española no coñecemento de castelán. É de agardar entón que as diferenzas observadas entre o alumnado, en función do seu ámbito de procedencia e lingua que usan, vaian en aumento, especialmente entre o alumnado de sectores urbanos monolingües en castelán, o cal, ademais do déficit de formación, coloca a estes alumnos en inferioridade de condicións e pode condicionar o seu futuro á hora de acceder a un posto de traballo.
En definitiva, este decreto non resolve ningún dos problemas diagnosticados no ensino en Galicia e resulta lesivo para o alumnado, para o idioma galego, para a industria cultural do País, para os pais e nais, para os centros, para a docencia, para o profesorado implicado e, por suposto, para toda sociedade galega. É por isto que apoiamos e solidarizámonos co profesorado que nun acto de dignidade persoal e de preocupación polo alumnado e pola cultura galega vai seguir impartindo as súas aulas en galego.
ApoioClaustroVotacion[1]

CARTA ABERTA AO CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN E O.U.
Sr. Conselleiro:
Ante as súas manifestacións aparecidas nos medios de comunicación e que nalgún caso fan referencia ao grupo Profes co Galego, queremos precisar que non temos nada que ver con ningún partido político, nin con ningún sindicato, nin con ningunha outra asociación. Non somos máis que un grupo de docentes que ten moi claro que a defensa da nosa lingua non debe estar ligada a ningún tipo de ideoloxía política.
A lingua identifícanos como galegas e galegos, non como votantes de ningún partido e que é precisamente a súa responsabilidade saír na defensa do galego como patrimonio común de toda a cidadanía.
Lamentamos observar que, até agora, as súa actitude fica lonxe das nosas expectativas e por iso clarexámoslle dúas cuestións que achamos fundamentais:
1. QUE COMO FUNCIONARIOS PÚBLICOS QUE SOMOS DEBEMOS CUMPRIR AS NORMAS. O Estatuto Básico do Empregado Público obríganos a someternos á Constitución e ao resto do ordenamento xurídico, pero respectando sempre o principio constitucional de xerarquía normativa. Así, por riba do Decreto para o“Plurilingüismo”, e en clara contradición con el, observamos a seguinte lexislación:
· A Constitución, que fixa o principio de igualdade e establece o mandato de remover todos os obstáculos para conseguila. O Decreto ignora esta obriga e impídenos situar ao galego nos ámbitos científicos e tecnolóxicos.
· O Estatuto de Autonomía para Galicia, que establece que os poderes públicos potenciarán o galego en todos os ámbitos e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento. Lonxe disto, o decreto impide que se tomen medidas nas aulas para o coñecemento da terminoloxía propia das materias científicotecnolóxicas.
· A Lei Orgánica de Educación (LOE), que fixa como obxectivo fundamental a competencia nas dúas linguas. Todas as institucións e informes (RAG, CCG, IGE, ICE, Universidades, MRPs, ...) indican que o galego require especial atención noensino xa que é a lingua en inferioridade de condicións no resto dos ámbitos da sociedade: medios de comunicación, medios audiovisuais, internet, sanidade, xustiza, comercio... O Decreto, ignorando a totalidade destes datos sociolingüísticos e de competencias, reduce a presenza horaria da lingua galega en todos os niveis educativos.
· A Carta europea para as linguas rexionais ou minoritarias, que obriga a asegurar a presenza do galego en todos os niveis educativos, de xeito que o ensino sexa fundamentalmente en galego. O Comité de Expertos do Consello de Europa que fai o seguimento dos compromisos adquiridos por este Tratado elaborará un novo informe a finais deste ano 2010. Se xa no informe do 2007 advertían que o que se estaba facendo era insuficiente, que cre, señor Conselleiro, que dirán agora?
· A Lei de Normalización Lingüística, que establece que as autoridades educativas arbitrarán as medidas encamiñadas a promoveren o uso progresivo do galego no ensino. Este Decreto é claramente regresivo: a presenza do galego nas aulas pasa de “polo menos un 50%” do anterior a “como moito un 50%”.
2º - QUE NON VAI HABER INSUBMISOS, porque nós non o somos, senón que sabemos que a lei está da nosa parte e o único que imos facer é cumprila. Queremos deixar claro que non temos nada en contra do castelán, máis ben ao contrario, parécenos unha enorme riqueza dispoñermos de dúas linguas, e podermos falar, escribir e ler en calquera delas. Pero recordámoslle que o informe Pisa indicou que a competencia do alumnado galego en castelán é superior á media española. O único que está en xogo é a adquisición da competencia en lingua galega, até o extremo do 20% da mocidade se declarar incapaz de falar en galego (MSG 2004). Queremos que sexa consciente desta eiva educativa e dispoña medidas para resolvela. Ademais consideramos que empregar esta lingua en materias como Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía contribúe a eliminar o prexuízo de non ser válida para determinados ámbitos educativos.
Polo tanto, e coa lei na man, seguiremos impartindo as nosas aulas en galego como un exercicio de profesionalidade, responsabilidade e civismo porque consideramos que é a mellor estratexia para o noso alumnado adquirir as mesmas competencias que en castelán. Queremos formar persoas lingüisticamente libres, capaces de se comunicaren nas dúas linguas e de as percibiren igualmente válidas. Trataremos de manter a calidade no ensino a pesar dos recortes de medios e profesorado, mentres se malgastan os cartos públicos en publicitar un decreto pernicioso e ilegal e en substituír uns libros de texto en perfecto uso e que non teñen máis “tara” que estaren escritos na lingua que dá sentido ao cargo que vostede ocupa.
Carta ao sr. Conselleiro de Educación e O.U.

Etiquetas:
carta,
Consellería de Educación,
documentos