domingo, 21 de novembro de 2010

Encerados en galego

Compañeiros/as:
Cremos necesario activar unha campaña masiva de información e tamén mostrar a esperanza na resistencia da nosa lingua polas aulas. É por isto que queremos realizar un vídeo (e presentacións...) con fotografías de encerados coas materias de ciencias e tecnoloxía en galego. Pedímosvos:
1. Tirade unha fotografía ao encerado coa vosa materia en galego.
2. Envíadelonola a profescogalego@gmail.com
3. Non imos indicar de que centros son as fotografías, pero faremos unha montaxe de vídeo para mostrar que a lingua segue viva nas aulas.
4. Se non eres profesor podes mandar calquera fotografía que consideres defende o uso do galego nas ciencias e na tecnoloxía ou contra o decreto en xeral.

POR FAVOR MANDADE AS FOTOGRAFÍAS DOS VOSOS ENCERADOS (se non tedes cámara, co móbil, se non tedes móbil facédenos un debuxo e se non sabedes debuxar mandádenos ideas) ANTES DO 4 DE DECEMBRO! 
Apertas!
Enchede o noso correo (profescogalego@gmail.com)  cos vosos encerados e coa ilusión de todos, será un bo agasallo de Nadal
Apertas.

1 comentários:

UT PRODUCIÓNS disse...

Os profes do equipo de UT e, en xeral, todo o equipo de UT tamén está co ensino en galego e traballando a prol da nosa cultura e da nosa lingua. E por suposto apoiamos por completo esta iniciativa!! Moita sorte a vós e ó noso idioma.
http://www.utproducions.com

Enviar um comentário