Mostrar mensagens com a etiqueta leis. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta leis. Mostrar todas as mensagens

quinta-feira, 21 de outubro de 2010

A prohibición de dar as aulas en galego

Cibrán Arxibai, profesor de Matemáticas do IES Pintor Colmeiro. Presenta o acto "A prohibición de dar aulas en galego" no que se presentou o libro “Estudos xurídicos sobre o decreto para o plurilingüismo”, o venres 15 de outubro de 2010.
O acto, organizado pola plataforma cidadá “Queremos Galego!” desenvolveuse na sala de exposicións de Caixanova da Estrada.


Cibrán Arxibai, a prohibición de dar aulas en galego from A.C. Vagalumes on Vimeo.

Héctor López de Castro, avogado laboralista e membro do gabinete xurídico da CIG, fai un repaso do marco xurídico no que está inmerso o decreto de plurilingüismo, e fornécenos das razóns polas que éste entra contradicción con todas as leis dese marco. Durante a súa intervención lémbranos tamén como se desenvolveu a tramitación do decreto. Finalmente trata un dos aspectos máis conflictivos do decreto: que os pais determinen a lingua da aula mediante unha consulta

Hector López de Castro, a prohibición de dar aulas en galego from A.C. Vagalumes on Vimeo.

Alba Nogueira, profesora de dereito adminsitrativo na USC,  debulla os argumentos que os distintos autores foron achegando ao libro que se presentaba. Na súa intervención destaca as catro principais discrepancias entre o decreto de plurilingüismo e as normas de nível superior: primeiro, atenta contra a progresividade da implantación do proceso de normalización lingüística, segundo, implanta a exclusión dunha parte co currículo escolar, o uso do galego como lingua vehicular, en terceiro lugar, en infantil os nenos deben ser escolarizados na súa lingua materna e en cuarto lugar, incumple os compromisos da Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias  (CELRM).

Alba Nogueira: A prohibición de dar aulas na nosa lingua from A.C. Vagalumes on Vimeo.

Alba Nogueira non para de subministrarnos argumentos xurídicos contra o a monstruosidade do decreto de plurilingüismo: Razóns polas que a xustiza pode tombar o decreto.

quarta-feira, 15 de setembro de 2010

As aulas en galego coa forza da lei

Esta presentación achegóunola ao muro de facebook un dos membros do grupo.
Dálle futuro á nosa lingua impartindo as aulas en galego. É un mandato legal.

Dar as aulas en galego: un compromiso social e legal.2

Volvemos a poñer as mesmas reflexións con outro formato



Dar as aulas en galego: un compromiso social e legal

Recollemos os vídeos que gravou un membro do grupo Profes co galego e que deixou no muro de facebook sobre a xornada desenvolvida o pasado xoves 9 de setembro no IES Ramón María Aller en Lalín.


Alba Nogueira: "Dar aulas en galego: compromiso ou desobediencia?" from vagalumes on Vimeo.


Xosé Rodríguez. Profes co galego from vagalumes on Vimeo.

sexta-feira, 10 de setembro de 2010

Aulas en galego coa forza da lei

presentacion

Decreto ilegal

Presentación de Alba Nogueira sobre a ilegalidade do decreto de plurlingüismo.