terça-feira, 17 de janeiro de 2012

Cantar de cego no que se conta o intento de asesinado de Don Galego

sábado, 18 de dezembro de 2010

O galego segue nas aulas. Felicidades a todos!

Feliz ano 2011 a todos xa que grazas ao compromiso e a dignidade de moitos, no ano 2011 seguirá habendo nenos e nenas que reciban as aulas de ciencias, matemáticas e tecnoloxía en galego.
Cada encerado que veredes é un acto de amor, dignidade e compromiso.


O galego segue nas aulas. Felicidades a todos! from Profes Galego on Vimeo.

Feliz ano e moitas grazas a todos

Tamén no You Tube:

domingo, 21 de novembro de 2010

Encerados en galego

Compañeiros/as:
Cremos necesario activar unha campaña masiva de información e tamén mostrar a esperanza na resistencia da nosa lingua polas aulas. É por isto que queremos realizar un vídeo (e presentacións...) con fotografías de encerados coas materias de ciencias e tecnoloxía en galego. Pedímosvos:
1. Tirade unha fotografía ao encerado coa vosa materia en galego.
2. Envíadelonola a profescogalego@gmail.com
3. Non imos indicar de que centros son as fotografías, pero faremos unha montaxe de vídeo para mostrar que a lingua segue viva nas aulas.
4. Se non eres profesor podes mandar calquera fotografía que consideres defende o uso do galego nas ciencias e na tecnoloxía ou contra o decreto en xeral.

POR FAVOR MANDADE AS FOTOGRAFÍAS DOS VOSOS ENCERADOS (se non tedes cámara, co móbil, se non tedes móbil facédenos un debuxo e se non sabedes debuxar mandádenos ideas) ANTES DO 4 DE DECEMBRO! 
Apertas!
Enchede o noso correo (profescogalego@gmail.com)  cos vosos encerados e coa ilusión de todos, será un bo agasallo de Nadal
Apertas.

quinta-feira, 21 de outubro de 2010

A prohibición de dar as aulas en galego

Cibrán Arxibai, profesor de Matemáticas do IES Pintor Colmeiro. Presenta o acto "A prohibición de dar aulas en galego" no que se presentou o libro “Estudos xurídicos sobre o decreto para o plurilingüismo”, o venres 15 de outubro de 2010.
O acto, organizado pola plataforma cidadá “Queremos Galego!” desenvolveuse na sala de exposicións de Caixanova da Estrada.


Cibrán Arxibai, a prohibición de dar aulas en galego from A.C. Vagalumes on Vimeo.

Héctor López de Castro, avogado laboralista e membro do gabinete xurídico da CIG, fai un repaso do marco xurídico no que está inmerso o decreto de plurilingüismo, e fornécenos das razóns polas que éste entra contradicción con todas as leis dese marco. Durante a súa intervención lémbranos tamén como se desenvolveu a tramitación do decreto. Finalmente trata un dos aspectos máis conflictivos do decreto: que os pais determinen a lingua da aula mediante unha consulta

Hector López de Castro, a prohibición de dar aulas en galego from A.C. Vagalumes on Vimeo.

Alba Nogueira, profesora de dereito adminsitrativo na USC,  debulla os argumentos que os distintos autores foron achegando ao libro que se presentaba. Na súa intervención destaca as catro principais discrepancias entre o decreto de plurilingüismo e as normas de nível superior: primeiro, atenta contra a progresividade da implantación do proceso de normalización lingüística, segundo, implanta a exclusión dunha parte co currículo escolar, o uso do galego como lingua vehicular, en terceiro lugar, en infantil os nenos deben ser escolarizados na súa lingua materna e en cuarto lugar, incumple os compromisos da Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias  (CELRM).

Alba Nogueira: A prohibición de dar aulas na nosa lingua from A.C. Vagalumes on Vimeo.

Alba Nogueira non para de subministrarnos argumentos xurídicos contra o a monstruosidade do decreto de plurilingüismo: Razóns polas que a xustiza pode tombar o decreto.

sexta-feira, 1 de outubro de 2010

Parabéns de Prolingua

Os amigos de ProLingua están con nós. Grazas. Esta é a mensaxe que nos enviaron:

Desde ProLingua queremos enviarlles ás irmás e irmáns de Profes co galego o testemuño da nosa consideración e o noso alento polo esforzo que fan a prol da dignidade e do futuro da nosa lingua, así como polo exemplo que significa a súa valente actitude fronte ao negacionismo.
Que saiban que contan con todo o noso apoio na súa postura e alí onde aos nosos fillos e fillas lles toque en boa sorte unha mestra ou un mestre coma vós, tamén eles han valorar a vosa actitude manifestándovos o seu respecto e a súa solidariedade.
Desde ProLingua queremos dicirvos ¡grazas!... e adiante, que ese é o camiño a seguir.

domingo, 26 de setembro de 2010

Entrevista para Galicia Confidencial

Tamén podedes ler o artigo: "Estes son os mestres que desafían o decretazo"

quarta-feira, 22 de setembro de 2010

Compartide a vosa experiencia

Animádevos a contar a vosa experiencia a respecto do decreto de plurilingüismo.
Envíao ao correo profescogalego@gmail.com  ou no grupo de facebook
É importante compartir a información e as nosas experiencias.